A Concesión do teléfono
Pippo Genuardi, único propietario dun automóbil na illa de Sicilia, ten outra idea extravagante: solicitar a instalación dunha liña telefónica. A maraña de intereses persoais do protagonista, do seu sogro, dos funcionarios, policías, carabineiros, políticos, mafiosos e veciños, desencadean nunha serie de divertidos incidentes, que amosan un retrato completo da sociedade siciliana durante os primeiros anos da unidade de Italia.
Alén do continuo ton hilarante e da sorprendente e maxistral forma de tecer a historia, un dos maiores atractivos da obra son os numerosos rexistros que Andrea Camilleri alterna. O siciliano informal, cálido e chistoso das cartas entre amigos, a linguaxe coloquial e fulgurante dos diálogos e a linguaxe máis porto formal e burocrática mestúranse nunha novela que é un exemplo perfecto desa combinación da ironía e sarcasmo propios da retranca galega.
Encuadernación: Rústica. Laminado. Cadrado. Cosido.
Páxinas: 276
ISBN: 978-84-697-5426-9
Data Publicación: 30/08/2017