O enigma de Qaf
O enigma de Qaf achéganos a historia do poeta heroe Al-Gatash, protagonista e autor da "Qafiya al-Qaf", o oitavo poema pendurado, unha epopea perdida no tempo, unha viaxe inesquecible por unha cultura milenaria. Atravesando unha terra máxica de desertos, xenios marabillosos, noites estreladas e cidades eternas, o heroe deberá resolver o enigma de Qaf para acadar o seu soño, contemplar o rostro de Layla.
ConstruÃda a partir de tres liñas narrativas -a historia do protagonista, as narrativas secundarias, complementarias da principal, e as lendas dos outros heroes árabes-, a trama reconstrúe (ou inventa) o universo máxico de toda a mitoloxÃa preislámica.
O prefacio e o postescrito do propio autor resultan imprescindibles para comprender a verdadeira complexidade dunha obra intelixente e marabillosa, que nos devolve ao universo do Sinbad de Cunqueiro; milleiros de quilómetros e un fondo océano afastan o RÃo de Xaneiro de Mussa do Mondoñedo natal deste galego imprescindible, pero o imaxinario dos xenios non entende de distancias.
![]() | ![]() |
---|---|
![]() | ![]() |