top of page
A casa do sono
Durante os anos 1983 e 1984 un grupo de estudantes comparte a vida universitaria na residencia de Ashdow. Sexualidade, amor, psicoloxía, literatura e cine ocupan os seus últimos momentos xuntos.
Quince anos despois as vidas de Sarah, Robert, Terry, Gregory e Verónica volverán a cruzarse nunha sorte de determinismo capaz de remexer o seu presente e futuro.
Nesta intensa e curiosa novela, Jonathan Coe constrúe un complexo crebacabezas sobre as obsesións da clase media inglesa nos anos oitenta e noventa, a través dun constante flash-back que a converte nunha das obras mais especiais do autor británico .
![]() |
---|
![]() |
bottom of page